Educación Física CEIP Plurilíngüe do Xurés
domingo, 19 de xuño de 2022
Patios Dinámicos e Inclusivos
Descansos activos
Esta semana, decidimos cambiar as coreografías por paseos activos, para despexarnos un pouquiño despois das clases e, de paso, facer un pouco de exercicio físico.
domingo, 1 de maio de 2022
luns, 18 de abril de 2022
mércores, 2 de marzo de 2022
SentaSílabas
Estes días adicamos os recreos a practicar as sentadillas mentres dividimos as palabras en sílabas, efectuando unha sentadilla por cada sílaba da palabra. Todo isto acompañado por música que nos animase a efectualas.
Sudamos a gota gorda!
mércores, 9 de febreiro de 2022
Roda dos alimentos
Estes días continuamos traballando as propiedades dos alimentos, concretamente na "Roda dos alimentos", na cal o alumnado debe seleccionar cada alimento en función do número de veces que é axeitado consumilo.
Co que aprendimos, poderemos facer exercicio moitísimo mellor!!!
domingo, 30 de xaneiro de 2022
Xogo alimenticio
Esta semana traballamos có alumnado as propiedades alimenticias dos alimentos. Así pois, clasificamos diferentes alimentos no aro correspondente. Cada aro representaba diferentes propiedades, como proteínas, hidratos de carbono, grasas ou vitaminas.